Gescon | O SMI para 2017 subirá un 8% ata os 707,60 euros o mes
16397
post-template-default,single,single-post,postid-16397,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

O SMI para 2017 subirá un 8% ata os 707,60 euros o mes

13 Dec O SMI para 2017 subirá un 8% ata os 707,60 euros o mes

O Boletín Oficial do Estado do sábado 3 de decembro, publica o Real Decreto-lei 3/2016, de 2 de decembro , polo que se adoptan medidas no ámbito tributario dirixidas a consolidación das finanzas públicas e outras medidas urxentes en materia social.

En materia social, establecense dúas novidades:

1º Suba do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) para 2017

Aprobase un incremento do 8% a partir do 1 de xaneiro de 2017, respecto do establecido polo Real Decreto 1171/2015, de 29 de decembro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2016, ata os 707,60 euros o mes, o que supón unha suba de 52,4 euros máis. (Na actualidade é de 655,20 euros o mes en 14 pagas).

Asemade, o Goberno determinará a afectación de dito incremento as referencias a salario mínimo interprofesional contidas nos convenios colectivos vixentes a data de entrada en vigor do real decreto que aprobe o salario mínimo interprofesional para 2017, así como en normas non estatais e en contratos e pactos de natureza privada.

2º Tope máximo de cotización

As contías do tope máximo da base de cotización a Seguridade Social en aqueles réximes que o teñan establecido e das bases máximas de cotización aplicables en cada un deles incrementaranse, a partir do 1 de xaneiro de 2017, nun 3% respecto as vixentes no ano 2016.

Os incrementos do tope máximo da base de cotización e das bases máximas de cotización no sistema da Seguridade Social, así como do límite máximo para as pensións causadas en dito sistema, que se realicen con posterioridade o establecido neste real decreto-lei axustaranse as recomendacións efectuadas en tal sentido pola Comisión Parlamentaria Permanente de Avaliación e Seguimento dos Acordos do Pacto de Toledo e os acordos no marco do diálogo social.